Glog text
RECOMENDACIÓNS PRIMEIRO CICLO:
Un pequeno canario escolle a un can como alumno para que aprenda a ler. Ó principio Roc non quere, pero logo vai practicando o son de cada letra do abecedario, descobre a deliciosa emoción de escoitar historias e contos, e finalmente… ¡aprende a ler!
Se picas no libro poderás saber máis.
Un lápiz que fai garabatos ten que fuxir dunha goma que quere borrar os seus trazos. A goma vai visitar ó sacapuntas para que a axude.
Un álbume ilustrado épico sobre un bravo grupo de irmáns, perdidos e buscando un novo fogar. Atoparano, a través do mar, as montañas, o deserto, a través de labirintos interminables e alén do borde do mundo onde bestas estrañas están á espreita?
E van conseguir permanecer xuntos?
E como saben cara a onde van, se levan todos cascos de protección?
Unha vaca que quere facer algo diferente, para destacar entre as demais, e que pola súa simpatía e tristura é axudada polas súas amigas galiñas. Claro que a envexa non é boa conselleira e as súas "comadres" están seguras de que todo é unha gran mentira.
O final, sorprendente.
Glog thumbnail
Youtube videos on Glog
Tags:C.P.Poeta, Juan, Ochoa
Images on Glog
Click on the thumbnail to see original image.
There are no comments for this Glog.